Volver a Vieiros

ANIVERSARIO

Enviado por santacomba o día 16.04.2009

Marcarei a pel túa con saliva
ceibando nela un beixo
por cada ano que hoxe cumpres.
Lambereiche as éngoas,
adorarei o teu tótem ergueito,
derrubarei tabúes co meu sexo.
Agatuñarei polo teu corpo
e cando te teña dentro
susurrarei teu nome...
Envolvereite todo
en abrazos imposibles.
Mostrareiche as vereas do pracer
agochado nas carballeiras
do país das augas e dos bosques.
Trazarei ondas co meu corpo
apreixándote en círculos concéntricos
e ao ritmo dos teus xemidos
traspasareite.
E cando non poidas máis
dareiche o meu agasallo,
o que che prometera,
vida miña.


2,64/5 (14 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.