Volver a Vieiros

Aventura dunha canción

Enviado por subela o día 10.04.2009

Na Baiuca no cabía unha palla, Lou Reed comezaba a camiñar polo lado salvaxe da vida, e eu levaba un anaco decatándome de que alguén se fregaba en min de forma nada casual.
Dinlle un bico á miña moza na boca e berreille ao ouvido que ía ao baño, coa esperanza de que alguén me seguise.
No corredor non había moita luz, ao entrar no baño alguén me deu un empurrón contra a parede, e antes de que me puidese decatar estábama a chupar, I said, hey babe. Take a walk on the wild side...Corrinme, e ao mirar para abaixo xa non había ninguén, recollín a ferramenta e saín rápido.
Volvín coa miña xente busquei unha cara cómplice ao meu redor, pero Lou Reed rematara a canción.


2,64/5 (11 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.