Enviado por jatofanado o día 24.03.2009
POEMA
A música dos teus andares,
o salgado dos teus mares,
a túa mirada inquisitiva.
Os cumios dos teus volcáns,
teu sumidoiro nas miñas mans,
a túa pel morena e lasciva.
Dous labios que nunca falan,
unha nariz sempre mollada,
e os cabelos rizos xusto enriba.
Na levidade que me inspiras,
miña flor,
entendo que tódolos poemas
non son poemas de amor.