Enviado por Amaeo o día 08.03.2008
Noite electoral. Pírrica vitoria das dereitas. Cagondiola. Boh, agora xa está. Ceo na casa con viño -se non é para celebrar, que sexa para esquecer- e saio á rúa. Madrid é rojigualdo e azul mahón. Oio cánticos que cría esquecidos. Achégome a unha filla da oligarquía local, xeitosa a condenada. A soberbia dos de arriba vira nela euforia etílica. Aí veñen catro anos de vara dura. Achégomelle ás apalpadelas. "Gañamos, gañamos!", berro eu en perfecto castelán. Sinto unha presenza acolchada no peito e unha man entre as pernas. Son un porcallán.