Volver a Vieiros

Tenda canadense

Enviado por Amaeo o día 08.03.2008

Foi nun cámping da ría de Muros. Era eu cativo. Unha das maiores, cunha risiña de mofa, fíxome co dedo o aceno de que pasase para a tenda. Dubidei. Ao pasar eu o limiar da cremalleira, descobín sete mozas -que me dobraban a idade- a riren divertidas. Arrodeáronme, ficando eu no medio dun círculo xeitoso. A que me convidara a pasar, mais botada para diante, púxome a man enriba. Resoou unha pícara gargallada xeral, como se berras cu ou pirola nunha clase de sexto. Do que pasou despois non penso falarvos aquí.


2,67/5 (18 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.