Enviado por Garoa o día 07.03.2008
Cando me abaixo para tirar as derradeiras pezas de roupa do interior da lavadora, mentres lavo os pratos entre balbordos de louzas, sempre que trato de alcanzar o po nos lugares máis afastados baixo os sofás da sala ou detrás dos mobles e ergo as cadeiras como unha bandeira ritual, ata no simple xesto de facer a cama, aparece ela coma animal sedento saído dun silencio de lume e, coa maquinaria de cinturóns ben amarrada ao van, racha coa roupa e embísteme coa tecnoloxía máis punteira do látex.