Enviado por Protexido o día 07.03.2008
Cando entro en ti, cando me penetran, detéñense os reloxes e as marés, ferven voces soterradas e do abismo agroman fontes e hínchase a pel e o vértigo. Veñen de todos os lugares á procura das augas milagreiras. Algúns chegan do deserto, outros dos xeos e os máis deles dos balbordos urbanos. Todos traen nos ollos travesías doentes de desexo. Pousan as garrafas, limpan a suor da viaxe e preguntan polo lugar santo. Daquela sentan, ocupan o derradeiro lugar na fileira do amor e agardan a súa dose.