Enviado por bela o día 22.02.2008
Gústame o teu arrecendo, mixtura de brisa mariña e terra mollada despois da tormenta.
Gústame acariñarche o cabelo mentras me sumerxo nel, zugando o teu perfume, deixando que esa tenue e doce fragancia me emborrache de pracer, mentras procuro, a través da túa morna pel, o teu aroma máis gorentoso, aquel que inunda todo o meu ser ata case desfalecer. Simbiosis perfecta de tenrura desatada e luxuria contida.