Volver a Vieiros

Casto poeta

Enviado por paporroibo o día 20.02.2008

Eu era un poeta casto. Apareceu ela. Escribín o poema de rigor e xa ía pasar páxina, cando sentín o desacougo duns ollos cravados nos meus. Todo se precipitou rápido. Sentín o desexo devastador do poldro bravo que monta a súa egua favorita. Caín sobre ela coma un turbillón e notei cómo as miñas mans se afundían nas súas nádegas, o meu peito latexaba contra o seu, e a miña lingua percorría a súa boca de mel e rosas. Do resto, que vos diría?, era coma unha longa góndola veneciana abalándose rítimicamente sobre a canle de docísimo pebre.


2,64/5 (39 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.